Comunicado da Presidencia en funcións da Xunta de Galicia
Fecha Domingo, 08 marzo a las 10:17:25
Tema PHP-Nuke


Ante as informacións aparecidas hoxe en diferentes medios de comunicación, o presidente da Xunta en funcións, Emilio Pérez Touriño quere aclarar que: Desde o 1 de marzo, data das eleccións ao Parlamento de Galicia, ata a investidura do novo presidente -tras a constitución do Parlamento o 1 de abril- o actual Goberno da Xunta e o seu presidente están en funcións, tal e como sinala a normativa vixente. Polo tanto, o Goberno e o seu presidente exercen todas e cada unha das súas responsabilidades nos termos establecidos para este período. O Consello da Xunta seguirá tomando os acordos ordinarios que se corresponden coa natureza da mencionada situación. No seu momento, procederase, con plena normalidade democrática, a efectuar o traspaso de funcións. Resulta absolutamente innecesario e improcedente recordatorio algún por parte do señor Núñez Feijóo, en relación coa situación do Goberno e o mencionado traspaso. En calquera caso, podo asegurar que o comportamento deste Goberno en nada se parecerá ao procedemento seguido polo Goberno anterior, do que era vicepresidente o señor Núñez Feijóo, e que durante o período en funcións adoptou múltiples e relevantes acordos que nada teñen que ver coas propias dun Goberno en funcións. Entre estes acordos figuraban a concesión de licencias para establecer dúas canles autonómicas de televisión ou a sinatura dunha asistencia técnica a unha empresa da que a irmá do señor Núñez Feijóo era alta executiva. Por outra parte, e en relación co período de descanso do que desfruto neste momento, podo asegurar que se trata dun período vacacional costeado por min, con cargo ao meu patrimonio, non con cargo ao erario público, tal e como fixen en cada un dos períodos de descanso desfrutados desde que ocupo a Presidencia da Xunta. Trátase dunha viaxe programada con antelación ás eleccións ao Parlamento de Galicia, que vai desde o pasado mércores ata o domingo, en compañía da miña muller, e que forma parte da miña vida persoal.

Link: Xunta de Galicia - Presidencia






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=98