Dous millóns no paseo do Condomiñas
Fecha Jueves, 27 mayo a las 12:23:05
Tema PHP-Nuke


A Demarcación de Costas, pertencente ao Ministerio de Medio Ambiente, acaba de dar luz verde á posta en marcha da asistencia técnica do acondicionamento das dúas marxes do río Condomiñas, no municipio de Cedeira. Así o manifestou onte o alcalde da localidade, José Luis Vergara, logo de manter unha conversación con membros da entidade.

Para concretar os detalles da actuación, que suporá un investimento de ao redor de dous millóns de euros, o xefe da Demarcación de Costas de Galicia, Rafael Eimil, visitará esta mañá a vila de Cedeira e percorrerá co rexedor a zona de actuación.

Está previsto que a intervención inclúa as marxes do río Condomiñas no tramo comprendido entre a ponte vella e o de madeira, é dicir, preto de 400 metros a cada lado. Costas pretende acondicionar a zona que, aínda que xa urbanizada, será sometida a un recuperación integral. Así, a entidade contempla habilitar zonas axardinadas e de paseo, prazas de aparcadoiro, crear accesos ao río mediante pantaláns e mellorar as balaustradas, segundo explicou José Luis Vergara.

Arenal da Magdalena

O xefe da Demarcación de Costas aproveitará a visita á vila de Cedeira para comprobar os traballos que se están acometendo na praia da Magdalena, unha intervención que se repite cada ano e que pretende eliminar o chanzo de area que se forma debido á habitual erosión.

Link: VONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=977