Corección de erros no BOE
Fecha Martes, 25 mayo a las 11:19:52
Tema PHP-Nuke


Os concellos e as súas entidades dependentes poderán endebedarse ata final de ano, de acordo coa corrección de erros que publica hoxe o BOE e que precisa que a prohibición de recorrer ao crédito a longo prazo entrará en vigor "o 1 de xaneiro de 2011 ata o 31 de decembro de 2011".

O Boletín Oficial do estado (BOE) publica hoxe a corrección dunha serie de erros -a maioría de carácter técnico- no Real Decreto-Lei 8/2010, de 20 de maio, polo que se adoptan medidas extraordinarias para a redución do déficit público.

O texto publicado onte sinalaba que a partir da súa entrada en vigor e ata o 31 de decembro de 2011, "as entidades locais e as súas entidades dependentes clasificadas no sector Administracións Públicas non poderán acudir ao crédito público ou privado a longo prazo".

Esta medida provocou críticas entre algúns concellos e será analizada hoxe na asemblea da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP).

Link: EXPONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=975