Vergara e Tobío aclaran as súas nóminas
Fecha Martes, 25 mayo a las 12:00:51
Tema PHP-Nuke


O alcalde de Cedeira, José Luis Vergara, e o portavoz de Terra Galega no municipio, Xermán Tobío, realizaron unhas matizacións respecto ás retribucións que perciben do consistorio, sobre as que este diario sacou unha reportaxe a pasada fin de semana. O rexedor da vila, con dedicación exclusiva, percibe un salario neto mensual de 2.266 euros-tal e como se desprende da nómina facilitada por Vergara, correspondente ao mes de abril-. O bruto, cantidade apuntada na reportaxe, ascende a 2.829 euros, o que supón unha retribución anual de 39.606 euros -en 14 pagas-. Sumando a esta última cifra os gastos correspondentes á aseguradora (Muface), un total de 1.946 euros, o custe para o Concello da súa dedicación exclusiva á fronte do equipo de goberno é de 40.915 euros.

No que respecta ao caso do edil de TEGA no municipio, Xermán Tobío, os ingresos mensuais netos pola súa labor no consistorio ascenden a 2.044 euros -en 14 pagas-, contemplándose unha remuneración total (en bruto) de 2.777 que, co prorrateo das pertinentes pagas extraordinarias -462 euros-, dá un total (tamén en bruto) de 3.240 euros. No que respecta ás retribucións anuais, a de Vergara é, segundo os datos facilitados polo consistorio, de 38.969 euros , mentres que a de Tobío é lixeiramente inferior, 38.882 euros. As grandes diferenzas están, partindo dos datos aportados polo Concello a este diario, nas retribucións á Seguridade Social ou Muface. No caso do alcalde, contémplase unha partida de 1.946 euros, mentres que a de Xermán Tobío, ascende a 12.120 euros. Atendendo a estes datos, o total de custe ao Concello de Cedeira é de 40.915 euros no tocante a Vergara e de 51.002 no de Tobío. Este último asegurou onte a este diario ter recibido por parte do Concello as explicacións oportunas sobre os datos publicados por este diario e facilitados polo consistorio.
Link: DFONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=973