Xermán Tobío Padín - TEGA Cedeira - Nota de Prensa
Fecha Domingo, 23 mayo a las 13:21:25
Tema PHP-Nuke


Son as 7:10 da mañá deste domingo 23 de maio e acabo de levantarme, e, como a maioría dos días, leo os xornais dixitais mentres bebo un zume.

A miña sorpresa é maiúscula cando vexo a portada do diario de Ferrol dixital, e leo o titular: “El político con mejor sueldo de la comarca es el edil de Tega en Cedeira” “…mas que el alcalde de ferrol”.

Como sexa que ao longo do artigo, por chamarlle algo, os redactores  (P.C.C./L.R.C.) din algunha verdade, como é que os salarios son públicos, procedo a chamar a redacción deste xornal, tanto na liña fixa como na movil, non colle ninguén, procedo entón a chamar a unha das redactoras, xa que entendo que L.R.C. debe ser Lorena Romero, e o seu teléfono non me dá sinal.

O motivo das miñas chamadas non pode ser outro que advertirlles do erro maiúsculo que cometeron e que retiren ou modifiquen esa noticia axustándoa á realidade.

Cústame caro entender que sexa un erro e non unha noticia tendenciosa, xa que ningún dos redactores se puxo en contacto comigo ante o que para eles debeu ser un tremendo descubrimento.

O meu salario, que como xa mencionei é público, é de 2040€, tal é como se estipulou no pacto de goberno no 2007, é dende aquela decidín conxelalo ano tras ano, polo que perdín aproximadamente un 6% de capacidade adquisitiva.

Como se pode comprobar está moi por debaixo dos 72.000€ que cobraba o alcalde Socialista de Ferrol, Vicente Irisarri, e moi por debaixo dos 47.000€ que cobra agora, logo de baixarse o soldo ao rachar o pacto con IU e pasar a gobernar en minoría.

Tamén está por debaixo dos 2.571€ que cobra o alcalde do PP de Somozas, e tamén por debaixo dos 1.359€ que cobra a alcaldesa do PP de Cerdido (xa que esta cantidade a percibe por adicación a media xornada, a xornada completa serían 2.718€). Sigue a estar por debaixo dos mais de 2.500€ que cobra o socialista Ivan Puentes en Fene; e así podería seguir a enumerar moitos cargos municipais cuxos salarios están moi por riba do meu.

Espero que non sexa unha desas de: minte (ou equivócate) que algo quedará.

Logo de escribir estas liñas, saio para o xulgado de guarda para esixirlle ao diario unha rectificación adecuada e proporcional.

Xermán Tobío




Link: Email






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=971