Concello de Cedeira - Anuncio DOG
Fecha Viernes, 21 mayo a las 10:53:02
Tema PHP-Nuke


Anuncio de aprobación inicial do estudo de detalle na confluencia da rúas Neda e As Pontes. Parque do Floreal.

Con data do 9 de marzo de 2010 a Xunta de Goberno Local acordou a aprobación inicial do estudo de detalle na confluencia das rúas Neda e As Pontes, presentado por Pablo Diego Moreda Gil, en representación de Proxectos Inmobiliarios Rías Galegas, S.L., para parcela de referencia catastral nº 6548911NJ7364N0001TY redactado por Beatriz López Marcos, visado polo COAG na data do 11 de decembro de 2009, para reaxustar unha aliñación definida no PXOU para a rúa sita na confluencia da avda. de Suevos e a rúa Neda.


O dito acordo supón a suspensión de outorgamento de licenzas no ámbito regulado polo estudo de detalle por un prazo máximo de dous anos ou ata que se acorde a aprobación definitiva se fose anterior.

Sométese a información pública por prazo de 20 días hábiles a partir do día seguinte ao da última publicación do presente anuncio no BOP, no Diario Oficial de Galicia e nun dos diarios de maior circulacióin da provincia.

Durante o dito prazo as persoas interesadas poderán examinar o seu contido presentándose na casa do concello de luns a venres en horario das 9.00 ás 14.00 horas e presentar as alegacións que consideren oportunas.

Cedeira, 22 de marzo de 2010.
José Luis Vergara Rey
Alcalde

Link: DOGONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=968