PP de Cedeira: «falso altruísmo» a proposta do alcalde
Fecha Jueves, 20 mayo a las 10:54:27
Tema PHP-Nuke


O PP de Cedeira saltou onte á palestra para argumentar que coa proposta de quitarse o soldo de alcalde, José Luis Vergara «non engana a ninguén». E cualifican a medida de «torpeza táctica» e «falso altruísmo que nos recorda o fracaso do modelo tripartito». Sinalan os populares que «son intranscendentes as súas cuestións particulares» de regresar ao ensino pois, alegan, «faio coa posible novidade de cobrar un complemento de máis de 12.000 euros» como alto cargo.

Definen o tripartito como «tres alcaldes cun custo ao redor dos 120.000 euros anuais para o Concello». E sosteñen que «suma un déficit que nos leva ao abismo pese ao aumento da presión fiscal».

Link: VONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=966