Comunicado Consello Local BNG - Cedeira
Fecha Domingo, 16 mayo a las 18:10:15
Tema PHP-Nuke


  O consello local do BNG de Cedeira maniféstase sorprendido  polas afirmacións atribuídas ao alcalde nas que informa de que a agrupación socialista de Cedeira tomou a decisión de retirar o salario do alcalde e concelleiros que actualmente o perciben.

  Entende o BNG local que esa decisión, de producirse, corresponde exclusivamente ao ámbito institucional, é dicir, ao pleno do concello, que é quen ten as competencias . Non facelo desta maneira é unha falta incomprensible de respecto á máxima institución  local, tanto por parte do alcalde como por parte da agrupación socialista.

 No plano político, entende o consello local do BNG,   o goberno municipal, incluída a alcaldía son o resultado dun pacto de lexislatura entre tres forzas políticas PSOE, BNG e Terra Galega, e calquera variación que se queira introducir debe ser o resultado  dun acordo entre as tres forzas. Por iso non se comprende que, unilateralmente, se adopten decisións que corresponden aos tres grupos en conxunto, a non ser que o alcalde e o grupo socialista se sitúen fóra do pacto ou pretendan establecer unha nova alianza no concello.

En canto á medida en si, o BNG local non entra a valorala por atribuíla a unha irresponsable deriva demagóxica impropia dun cargo institucional e moito menos da organización política á que representa.

Os concelleiros e concelleiras do BNG no concello de Cedeira son representantes dos veciños , a eles se deben e dedican o seu traballo sen que os mova ningunha motivación económica. Proba diso é que a concelleira de Servizos Sociais Manuela López Rodríguez renunciou ao inicio da lexislatura ás súas retribucións  para que o concello contrátase dúas persoas a tempo parcial que fan  que os Servizos Sociais do concello de Cedeira sexan dos de maior calidade da comarca.

O BNG de Cedeira empraza ao PSOE local a unha reunión para coñecer de primeira man se a proposta que se plantexa nos medios de comunicación responde a unha nova iniciativa da política contra a crise de Zapatero, de aplicación a todos os cargos do PSOE en todas as institucións, ou se se trata dunha iniciativa local para saírse do pacto de goberno.

Cedeira, 15 de maio de 2010

CONSELLO LOCAL DO BNG DE CEDEIRA


Link: Consello local do BNG Cedeira






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=960