Agrupación Socialista de Cedeira - Comunicado
Fecha Viernes, 14 mayo a las 23:00:58
Tema PHP-Nuke


Agrupación Local de Cedeira
PsdeG-PSOE
Secretaría Xeral


O xoves, 13 dos correntes, celebrouse unha asemblea da Agrupación Local de Cedeira do PsdeG-PSOE. Ademais de elixir aos representantes de Cedeira na Conferencia Política que terá lugar os días 12 e 13 de xuño, o Secretario Xeral e, ao mesmo tempo, Alcalde do Municipio, someteu á opinión dos alí reunidos a proposta de esforzos orzamentarios no Concello de Cedeira.

Acordouse por unanimidade que, ante a profunda crise e as medidas de axuste propostas á cidadanía por parte do Presidente do Goberno de España, os cargos electos con adicación exclusiva, e calquer outra de significación política deixen de percibila. A dura situación do país esixe de todos, aparte da responsabilidade que se nos supón, unha alta dose de compromiso e entrega, á altura do que se lIes está a pedir a sectores sociais menos favorecidos.
É certo que durante os dous últimos exercicios os cargos electos de Cedeira conxelaron os seus emolumentos e que o actual Alcalde cobra un millón de pesetas menos que o seu predecesor.

Pero o que agora cabe demandar deles é a total gratuidade dos servicios que prestan á sociedade. A Agrupaclón- Socialista é conscente de que está a pedir un altísimo sacrificio persoal e familiar .aos representantes democráticamente elexidos nas pasadas eleccións municipais, pero a nosa condición moral non nos permite, na actual situación do país, eludir esta decisión.

Fdo.: José Luis Vergara Rey
Secretario Xeral



© Agrupación Sopcialista de Cedeira


Link: Asociación Socialista de Cedeira






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=956