Hai que salvar o euro e regular os mercados
Fecha Viernes, 14 mayo a las 20:05:12
Tema PHP-Nuke


Un artigo de Xavier Carro, Deputado do PSdeG, publicado no diario Xornal de Galicia
© 2010 Xornal de Galicia - Xavier Carro

"A intervención de Zapatero no Pleno do Congreso do mércores anunciando un paquete de medidas de recorte do déficit público fíxome tremer. Explicou as circunstancias que se desenvolveron na semana pasada co ataque dos especuladores á bolsa española e por extensión á Unión Monetaria e ó euro, e fun consciente de ata que punto, tal como dixen nun artigo anterior “a crise é o campo de batalla”.

Explicou a actuación dos especuladores, que provocaron a crise da man do liberalismo económico, e son agora os que afogan os Estados despois de pedirlles inxentes cantidades de recursos públicos para rescatalos das consecuencias da crise que eles mesmos provocaron. Non contentos con iso pelexan con fereza para evitar unha maior regulamentación da circulación internacional de capitais e da erradicación dos paraísos fiscais. En definitiva queren seguir dominando a orde económica mundial por enriba do poder democrático dos Estados. Temos que saír desa espiral malvada, temos que impoñer a lóxica do control democrático dos recursos devolvendo ós Parlamentos e ós Gobernos o poder que agora está nos despachos de Wall Street.

Dicía Zapatero: “La Unión Monetaria (...) nunca había afrontado una amenaza tan seria y real como esta a su propia existencia” . No noso cu estaban a dar unha patada ó euro, xa que non tiña lóxica unha caída da bolsa española na semana de datos macroeconómicos positivos. É certo que o euro naceu e viviu ata o de agora cunha debilidade estrutural. Mentres que a Reserva Federal, como depositaria das reservas monetarias pode saír en defensa do dólar, o Banco Central Europeo tiña competencias delegadas e limitadas polos bancos centrais dos países membros.

Por iso, na reunión de líderes europeos da pasada fin de semana, pola vía de urxencia, tense adoptado a decisión máis importante en materia económica dende a existencia da moeda única. Constitúese un Mecanismo Europeo de Estabilización para apoiar a Unión Monetaria e o euro cunha dotación total astronómica, 750.000 millóns de euros con aportacións da Comisión, do FMI e dos Estados membros.

Pero España seguía tendo un problema, as tensións polo encarecemento da débeda derivados da esixencia dos mercados dunha redución máis intensa do déficit público. Se permitimos que a nosa débeda se encareza non seremos capaces de reducir o déficit, por iso non importa o que nós opinemos sobre a nosa capacidade de cumprir cos pagos, senón o que os mercados nos atribúen. Por iso tivemos que adoptar este paquete de medidas que supoñen un aforro de 15.000 millóns de euros en dous anos. Rajoy di que se deberan ter decidido antes, eu coido que non, de facelo previamente á creación do Mecanismos de Estabilización, esas medidas estarían a día de hoxe amortizadas e teríamos que adoptar outras adicionais.

Chamoume un amigo na mañá do mércores e preguntoume, “como estás?”. Díxenlle, “como o presidente, jodido por ter que adoptar medidas contrarias ó meu ideario e preocupado pola posibilidade de romper a paz social que é un elemento moi importante para saír da crise”.

Link; XORONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=955