Concellería de Servizos Sociais - Concello de Cedeira
Fecha Jueves, 13 mayo a las 13:39:40
Tema PHP-Nuke


Prestacións da Xunta de Galicia de apoio a familias con fillos menores de tres anosA Concellería de Servizos Sociais do Concello de  Cedeira comunicou ós veciños que xestionará ata mediados do vindeiro mes de xuño as solicitudes da prestación económica que concede a Xunta de Galicia para paliar, na medida do posible, os gastos xerados nos primeiros anos de crianza dos fillos.
Segundo se detalla desde o departamento municipal, poderán ser beneficiarios de esta axuda todos os veciños que teñan ao seu cargo fillos nacidos entre o 2 de xaneiro de 2007 e o 1 de xaneiro de 2010 e que, por razón dos ingresos obtidos durante o ano 2008, nin eles nin ningún membro da unidade familiar estivesen obrigados a presentar a declaración da renta correspondente a este período.
A prestación, enmarcada dentro do impulso a unha nova política integral de apoio á familia, consistirá nun pago único de 360 euros por cada fillo menor que o solicitante teña ao seu cargo.
Os interesados en acceder a esta subvención poderán presentar as súas solicitudes nas oficinas de SERVIZOS SOCIAIS (3º ANDAR DO AUDITORIO), tal e como se indicou desde o Concello



Link: Concello de Cedeira - Servizos Sociais






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=954