Aparecen no río Condomiñas varias manchas de gasoil
Fecha Martes, 11 mayo a las 11:07:01
Tema PHP-Nuke


Vecinos de Cedeira alertaron onte da aparición de varias manchas de gasoil no río Condomiñas. Axentes do Seprona, a Policía Local, o alcalde da vila e varios concelleiros achegáronse para buscar a orixe da vertedura. Tras a inspección, os técnicos determinaron que procedía da canalización de augas pluviais que desembocan na canle desde o polígono industrial da Xunqueira. Técnicos de Aquagest e do Concello seguiron o rastro e fontes municipais informaron de que a vertedura saía da nave de Construcións Maximino Caruncho.

Segundo as mesmas fontes, a empresa recoñecería a caída accidental de varios botes de aceite durante unha limpeza. Agora será o Seprona quen, cos informes municipais, analice o alcance para determinar responsabilidades.

Link: VONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=950