Rubido: reconquistar a alcaldía de Cedeira
Fecha Martes, 11 mayo a las 11:04:32
Tema PHP-Nuke


Leopoldo Rubido Ramonde confirmou onte que volverá liderar o próximo ano a candidatura do PP ao Concello de Cedeira co obxectivo de recuperar a alcaldía.

Rubido Ramonde, que tamén foi senador, asumiu o bastón de mando cedeirense en 1973. Durante 26 anos consecutivos foi rexedor, ata que nas eleccións de 1999 o PP perdeu a maioría absoluta. Tivo que ceder entón o poder a unha coalición integrada por PSOE e BNG, que mandou ata o 2003, cando o PP volveu gañar as eleccións municipais de forma folgada. Rubido volveu á alcaldía, pero a perdeu catro anos despois, cando se formou un goberno tripartito encabezado polo PSOE e apoiado por BNG e un único edil de Terra Galega.


Link: VONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=949