Festa do Percebe - Concello de Cedeira
Fecha Martes, 11 mayo a las 10:25:13
Tema PHP-Nuke


O Concello de Cedeira asume por primeira vez a organización e coordinación da festa do percebe e o cambio trae consigo importantes novidades, tal e como se acordou onte na reunión celebrada entre o edil Germán Tobío e 30 representantes da entidade de hostaleiros aínda en proceso de constitución. A celebración trasládase ao terceiro fin de semana do próximo mes de xuño, cando habitualmente tiña lugar nos últimos días de xullo. Así mesmo, a festa, non só estará presente na praza Vermella coa instalación de dúas carpas, senón que tamén se deixará notar, polo menos, en 20 establecementos de hostalería da vila. Unha da carpa será a institucional, mentres que da segunda ocuparase persoalmente a comisión de festas.


A través desta última venderanse ao redor de 800 quilos de percebes en racións de 250 gramos cada unha delas. En calquera caso, o prezo do produtos non variará, aínda que desde a organización infórmase de que nos locais haberá a posibilidade de acompañalo doutras viandas. O orzamento estimado para o desenvolvemento do programa está ao redor dos 30.000 euros e, segundo Tobío, trátase dunha cifra moi similar á que foi habitual nos últimos anos. Por outra banda, destaca que ata o día 18 estará aberto o prazo para inscribirse como establecemento asociado á festa do percebe.

Link: DFONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=947