GREENPEACE
Fecha Lunes, 10 mayo a las 11:37:22
Tema PHP-Nuke


Un artigo de opinión de Diego Rodriguez Piñón publicado no xornal Diario de Ferrol ©2010

"Esta fin de semana Cedeira tiña que ser unha festa,e a comarca enteira podería disfrutar dela. Unha festa da ecoloxía, da información e educación medioambiental, da reivindicación social do amor e respeto polo mar.

O “Artic Sunrise”, barco foqueiro reconvertido da asociación ecoloxista Greenpeace, tiña previsto atracar no noso peirao para realizar dúas xornadas de portas abertas a toda a poboación, e visitas didácticas especiais e de maior duración para os colexios, institutos e ANPAS.

A expectación era máxima, o luns día 3 de maio xa máis de 100 nenos e as súas familias estaban inscritos para a visita, e a lista seguía medrando.

Pese o gran interés da sociedade civil non puido ser, a alguén non lle gustou a idea en Portos de Galicia. Baixo a premisa de que a nosa ría non ten o calado suficiente, non se lle deu a Greenpeace a autorización por escrito para recalar nas augas de Cedeira. Por imperativo burocrático, a vella Cetárea, para os romanos lugar de peixes, quedaríase sen ver e escoitar a un dos adalides da defensa e protección dos océanos e os seres vivos que os habitan,

Poderíamos estar de acordo con esta decisión si tivesemos probas xustificativas da mesma, nembargantes todos recordamos a entrada e estadía nos nosos muelles de mercantes puntaleiros de varias miles de toneladas para recoller a preciada madeira da zona ¿Para eles si había e hai calado? ¿Só prima o económico-comercial para Portos de Galicia? ¿De que tiñan medo señores?"

Link: DFONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=945