17 DE MAIO: MANIFESTACIÓN ÁS 11.30 NA ALAMEDA DE SANTIAGO.
Fecha Viernes, 07 mayo a las 23:48:08
Tema PHP-Nuke


 




Co lema “O galego, o noso existir”,  o luns 17 de Maio  confiamos nunha mobilización histórica do pobo galego contra as agresións á nosa cultura e o desmantelamento da oficialidade da nosa lingua.

A manifestación do próximo 17 de maio partirá ás 12 da mañá da Alameda de Santiago de Compostela e rematará na Praza do Obradoiro.
Dende Queremos Galego confiamos en ateigar de novo esta praza, como xa acontecera na masiva manifestación contra o decretazo no ensino do pasado 21 de xaneiro. 



Esta mobilización cidadá que se convoca para o Día das Letras vai servir tamén para visualizar e afortalar a unidade social existente neste momento arredor da defensa do galego, que debe facer reflexionar moi seriamente ao Presidente da Xunta, Alberte Nuñez Feijoo que en plena crise económica anuncia o investimento público dun millón de euros nunha campaña de propaganda das bondades do seu decretazo; isto é, dunha campaña contra o galego. 
Este decreto do Partido Popular foi imposto de xeito unilateral en condicións de minoría electoral e rachando todos os consensos da historia da Autonomía e que conta có rexeitamento unánime de todas as institucións culturais do país, todos os sindicatos, todas as organizacións estudantís, todos os movementos de renovación pedagóxica e, excepto unha, todo o resto das asociacións de nais e pais, e incluso parte da militancia e votantes do propio Partido Popular.
Este goberno é o primeiro en toda a historia da autonomía que non só, non  esta a defender a nosa lingua propia senón que está a encabezar o ataque contra o seu uso nos diferentes ámbitos, é o primeiro goberno destes 30 anos de democracia que non respecta a obriga estatutaria de promover, protexer e potenciar o uso da lingua propia e de garantir os seus usos oficiais.

Para facilitar a asistencia de todos @s cedeiresas/es que queiran acudir sairá un bus da Praza de Galicia (diante da Ferretería) ás 09:00 horas, previo aviso con antelación ao tlf: 699821073.
 
Acude á manifestación do 17 de Maio!

Fernando Iglesias Bouza
Responsable da Mesa pola normalización lingüística
(zona de Ortegal)
Membro da Plataforma Queremos Galego.



Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=943