Confrarías e asociacións recibirán preto de 11 milló
Fecha Jueves, 06 mayo a las 10:41:30
Tema PHP-Nuke


A Consellería do Mar contribuirá á mellora da produtividade dos bancos marisqueiros, a través dunha orde de axudas a proxectos colectivos, de acondicionamento mariño e rexeneración. O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a Orde do 27 de abril de 2010, pola que se establecen as bases reguladoras xerais para a concesión destas axudas, ás que a Consellería destina 10.985.000 euros.
A Consellería do Mar persegue, a través desta orde enmarcada no Plan de Recuperación de Zonas Improdutivas, incrementar as zonas de produción, dinamizar as zonas costeiras e crear máis postos de traballo nas diferentes áreas do litoral galego.
A contía total do orzamento distribuirase en catro anualidades, sendo cofinanciado polo Fondo Europeo da Pesca un 61 %.Tal e como se recolle nesta orde, os beneficiarios destas subvencións serán as entidades do sector pesqueiro coma confrarías, organización de produtores, cooperativas do mar ou asociacións de profesionais do sector que teñan a súa sede social en Galicia.

Esta liña de axudas permitirá apoiar aquelas iniciativas encamiñados a contribuír de forma sustentable a mellorar a xestión ou a conservación dos recursos, mediante o acondicionamento e rexeneración para a mellora da produtividade dos bancos marisqueiros con problemas de perda de produción.Os proxectos deberán explicar os obxectivos que se perseguen e deberán conter unha descrición das accións que se pretende emprender, cun calendario de realización e melloras esperadas con cada unha delas e con referencia expresa ás previsións de creación ou consolidación de emprego. Ademais, deben incluír un proxecto técnico que permita determinar a viabilidade do proxecto e o plano de localización das accións previstas.

O prazo de presentación de solicitudes ábrese mañá e finalizará dentro dun mes.Unha vez aprobados os proxectos, un equipo técnico, formado por persoal da Dirección Xeral de Ordenación dos Recursos Mariños, do CIMA, do Cetmar e do Intecmar terá como función realizar un seguimento científico-técnico das actuacións incluídas no proxecto, así como de asesorar durante a súa execución ás entidades beneficiarias.

Con esta orde, a Consellería do Mar dá cumprimento ao seu compromiso de traballar na recuperación das zonas marisqueiras improdutivas e incrementar as zonas de produción, tal e como anunciou a titular do departamento, Rosa Quintana na inauguración do VI Encontro de mariscadoras a pé, que se celebrou no mes de febreiro.

Link: XONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=939