O Ano Santo non deixará pegada
Fecha Miércoles, 05 mayo a las 12:27:07
Tema PHP-Nuke


O Ano Santo non deixará pegada no municipio de Cedeira. Así, polo menos, interpreta o concelleiro de Turismo, Alfredo del Río, o silencio ao que a Sociedade Anónima de Xestión do Plan Xacobeo somete ao concello cedeirense.

Esta falta de resposta leva ao representante do goberno local para cuestións turísticas a recordar a vinculación que existe, e ninguén pon en dúbida, entre o santuario de San Andrés de Teixido e a cultura xacobea. Neste sentido, cabe recordar que a tradición popular sitúa en cantiis moi próximos ao santuario a chegada do barco que trasladou os restos de Santiago o Maior a terras galegas.


Alfredo del Río non admite como válida a política que desde o goberno da Xunta leva á práctica con motivo do Ano Santo, á vista de que a maioría das axudas chegan a concellos ou entidades situados ou relacionados con aquelas rutas máis coñecidas ou frecuentadas, como poden ser o caso do Camiño Francés ou Inglés, e á mesma cidade de Santiago.

No entanto, Diario de Ferrol puido saber que a Xunta, a través de Patrimonio, licitará en cuestión de días o proxecto de reposición do muro que, localizado nas inmediacións do santuario de San Andrés de Teixido, deixa ao aire unhas dependencias situadas baixo un templo que recibe a visita diaria daquelas persoas que prefiren cumprir co santo en vida que facelo logo de morto, convertido en calquera animal.

O orzamento da intervención, a día de hoxe só aproximado, non superará os 100.000 euros. Os traballos fortalecerán unhas estruturas vinculadas ao templo e mellorarán, ademais do aspecto, a seguridade da zona que, non só recibe a visita dos devotos, senón tamén a dos moitos turistas que a inclúen no seu percorrido pola comarca de Ortegal. Desde o pasado sábado tamén pode estar incluído dentro do itinerario o castelo da Concepción, unha antiga construción defensiva que, situada á altura do porto da vila de Cedeira, estará aberta ao público ata o día 15 do próximo mes de outubro. Unha vez supervisado polos responsables municipais, o fortín poderá ser visitado de mércores a sábado de 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas, mentres que os domingos abrirá de 12.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas, segundo deuse a coñecer desde a concellaría de Turismo. Por outra banda, cabe recordar que o Concello de Cedeira mantén a gratuidade da visita e configurou un programa para dar a coñecer aos viaxeiros as riquezas que aínda hoxe conserva unha fortificación moi característica e especial para o pobo cedeirense

Link: DFONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=934