+G: Nos non gañamos, como din todos
Fecha Viernes, 06 marzo a las 10:17:56
Tema PHP-Nuke


En xeral, o resultado das eleccións, é o que cabe esperar nun momento de crise, que o cidadán busque alternativas aos malos momentos que lle están a facer pasar. Por unha banda gastamos moito esforzo e enerxías no recurso contra Juan Gato, ata o punto de que a día de hoxe a nosa denuncia atópase aceptada polo tribunal supremo, que aínda ten que emitir o seu veredicto.
Pero aínda que o veredicto sexa favorable, o dano xa está feito, xa que moitos, moitísimos votantes non votaron a ese usurpador, senón que votaron a Terra Galega, polo que a nosa lectura dos resultados so pode ser de un xeito sesgado.


© 2009 +Galicia


En canto á coalición, entre outros motivos, polo antes sinalado, carecemos de tempo de abondo para transmitir a nosa concorrencia e a nosa mensaxe, polo que temos que traballar máis e con máis tempo, xa que houbo un goteo de votos en case que tódolos concellos onde nos presentamos.
Tamén cabe sinalar o ostracismo ao que fomos sometidos por certos medios de comunicación, curiosamente nos que "o señor" do que falamos antes investía grandes cantidades de diñeiro (que agora, coas contas electorais, terá que xustificar de onde saíu).

Como apunte final destacar que nunha democracia que se prece de elo, non é comprensible que uns partidos teñan mais dereitos que outros nas canles públicas de comunicación; acaso as entrevistas non son publicidade electoral???, e, algún día, alguén terá que explicar como é a democracia de que os anuncios nosos saíran sempre na TVG de 3 a 7 da madrugada e os dos "3 magníficos" sempre durante o día.

Rematar dando as gracias aos que creron en nos e dicirlles que non somos flor dun día, que imos a seguir traballando para mellorar a nosa terra.

Link: +G






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=93