Sinistro en Pantín
Fecha Domingo, 02 mayo a las 09:19:23
Tema PHP-Nuke


Un posible descoido do condutor e un resultado positivo na proba de alcoholemia custaron a vida onte en Valdoviño a Antolín Ronald A.T., un mozo de Perú veciño de Ribeira que viaxaba na parte de atrás dun Nissan Almera con matrícula 9563-BSB. O vehículo conducíao E.R.A.C. de 35 anos, e J.P.P., o terceiro ocupante, ía no asento do acompañante. Ambos, que resultaron feridos leves, tamén son peruanos e residen na Coruña.

Saíran de Cedeira tras a comida e logo de cobrar alí un traballo cun armador pesqueiro, e circulaban en dirección a Ferrol pola AC-566. Ao redor das 15.45 horas, á altura da parroquia de Pantín, no punto quilométrico 14,5, saíronse da vía polo lado esquerdo, cruzaron o carril contrario, golpearon o seu coche co noiro lateral da estrada e envorcaron. No lugar non había indicios de velocidade excesiva nin marcas de freada, o que fai pensar a Tráfico que os tres podían haberse durmido no interior do coche, incluído o condutor, quen superaba o límite de alcol permitido.



Como consecuencia do envorco, o teito do coche afundiuse na parte traseira, causándolle a Antolín Ronald as feridas mortais. Tanto E.R.A.C. como J.P.P. foron trasladados por unha ambulancia do 061 ao Hospital Arquitecto Marcide de Ferrol con feridas de consideración leve.

O condutor foi posto a disposición xudicial.

Link: VONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=928