Asociación Axexo
Fecha Viernes, 30 abril a las 09:05:02
Tema PHP-Nuke


Cun acto previsto para as 20.30 horas, preséntase hoxe en Cedeira a Asociación Deportiva Cultural Mariña Axexo, unha entidade sen ánimo de lucro que se aproveita dos recursos naturais que ofrece o municipio para a práctica de deportes náuticos e da súa tradición en canto ás artes de pesca.

O auditorio municipal da vila, tamén sede provisional de Axexo, acollerá a presentación oficial desta nova oferta de lecer, para a que se cursou invitación aos responsables políticos de cinco concellos periféricos, ademais dos locais.

Desde a directiva da entidade, da que Diego Brocos Igrexas está á fronte, apúntanse os obxectivos xa citados e noméanse esas primeiras actividades coas que a asociación preténdese dar a coñecer entre veciños e posibles visitantes.

Así, de face ás datas máis inmediatas prevense convocar cursos de remo, vela, piragüismo e pesca, rutas de sendeirismo como alternativa a esas persoas menos amigas da auga, e talleres sobre medio ambiente, nós mariñeiros e carpintería de ribeira.

Os promotores de Axexo contan con profesionais en distintos campos para levar á práctica as iniciativas que se propuxeron.

Así, todas as persoas que desexen implicarse nalgunhas delas teñen a posibilidade de acudir hoxe ao acto de presentación, ou ben porse en contacto, de face aos próximos días, cos responsables da entidade na súa sede provisional, que se localiza no mesmo edificio do auditorio de Cedeira.

Lin: DFONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=923