NOTA DE PRENSA DA CONFRARÍA DE PESCADORES DE CEDEIRA.
Fecha Jueves, 29 abril a las 18:15:14
Tema PHP-Nuke


NOTA DE PRENSA DA CONFRARÍA DE PESCADORES DE CEDEIRA.

A Confraria de Pescadores de Cedeira diante da rumoroloxia que se está a extender na nosa vila sobre a posible ubicación no peirao de Cedeira , dunha empresa que recolectará e cultivará algas para alimentación e farmaceuticas , vese na obriga de facer as seguintes puntualizacións:

As actuais confrarias xurdidas dos antigos gremios de pescadores e mareantes aparecen no século XII có fin de defender os intereses dos mariñeiros fronte ós abusos de poder da nobreza. E esa defensa dos intereses mariñeiros é o que guiou a tódolos nosos devanceiros confrares a través dos séculos ata chegar os nosos días.



E esa defensa é tamén a guía e o norte de tódolos actos do actual Cabildo da confraría, xa que só protexendo os intereses de tódolos mariñeiros, estamos tamén a protexer os intereses do noso pobo, pois ¡canta prosperidade ten entrado pola boca da nosa ría! ¡con qué traballo e esforzo conservaron os nosos devanceiros- e conservaremos nós- a nosa forma de vida, o noso xeito de ser, a nosa economía…¡
Pois sí, veciños e veciñas, todo o noso benestar social actual, débese en moi grande parte ós nosos caladoiros, á nosa costa, ó noso mar, que debemos de conservar e proteger ó máximo e deixarllelo ós nosos fillos tal e como nolo deixaron os nosos pais.
E por iso, porque queremos o mellor para Cedeira e a súa xente temos a necesidade e obriga de ser prudentes, e cando nos falan de medio cento de postos de traballo- ¡cantos máis, mellor!- ollamos o proxecto básico desa empresa, e vemos que non aparece ningunha relación de postos de traballo, e aínda máis, en varias reunións entre representantes da confraría e da dita empresa non se nos aclararon en distintos temas; por ejemplo:
- no tema dos residuos¿qué productos químicos ían utilizar?¿onde ían a botar tódolos residuos?. Descoñecían que no peirao non hai alcantarillado.
- non sabemos cal vai a ser o xeito de recollida de algas, xa que según sinala a propia empresa no xornal “La voz de Galicia” do 6-4-2010 vanse a explotar os bancos naturais de Cedeira, e no caso de que non fora suficiente, extenderíase a outros municipios, e que a súa intención para non retrasar o proceso e traballar nos bancos naturais e có tempo pasaríase a cultivar par evitar o grande impacto ambiental. Ou sexa , ¡que vai a haber un grande impacto ambiental!.
E por iso, dende a Confraría consideramos imprescindible facer un informe previo dese impacto ambiental, xa que temos exemplos do tema, como o caso do Principado de Asturias, no que según informa a Univerisdade de Oviedo, o 90% do bosque de laminarias (jolfe na vila)está a desaparecer e éstes bosques según ese informe, son fundamentais para os ecosistemas litorais.
Asemesmo, a organización ecoloxista Oceana sinala que os bosques de laminaria están considerados como os habitats ecoloxicamente máis dinámicos e de maior riqueza específica do planeta.
-
no tocante á forma de traballo dos nosos mariñeiros dixeronos que podian ir o mar pola mañán e pola tarde desenrolarse e traballar para a empresa, algo que a nivel legal é impensable
E por todo o antedito e algo máis, estaremos todos de acordo en que son moi necesarias a prudencia e a cautela.
Aproveitando esta nota, alegrámonos moito que o Concello teña a intención de organizar a Festa do Percebe, e dende a Confraría queremoslle dar a nosa mais cordial e sincera noraboa ó Sr. Concelleiro de Turismo pola súa iniciativa, e como xa saben o Concello e a recién creada asociación de hostelería, sempre poden contar cá nosa desinteresada colaboración xa que volvemos a decir una vez máis que queremos o mellor para toda Cedeira, e queremos e traballamos para que haxa moitos portos de traballo, moita industria, moitas empresas, moito emprego…pero non a calquera prezo; e se a devandita empresa cumpre con tódolos requisitos legais, mediambientais, etc, debería ter un lugar apropiado e inmellorable na nosa modesta opinión, no Polígono de a Trabe.
Un cordial saudo
En Cedeira, a 29 de abril de 2010

Documento orixinal en PDF: preme aquí

Link: Confraría de Cedeira






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=922