Medio Rural prohibe as queimas a partir do próximo luns
Fecha Jueves, 29 abril a las 13:35:05
Tema PHP-Nuke


Ante as previsións meteorolóxicas que se agardan para o vindeiro luns 3 de maio, con forte vento do nordés, a Consellería do Medio Rural decidiu prohibir a realización de queimas nos montes galegos ata novo aviso.Deste xeito, queda totalmente prohibido a partir do luns levar a cabo este tipo de labores, malia que a persoa responsable da queima teña unha autorización previa da Consellería.

Aquelas persoas que teñan un permiso de queima concedido para antes do luns 3 de maio poderán utilizalo sempre e cando as condicións meteorolóxicas sexan axeitadas.Trátase dunha medida preventiva, que se adopta tendo en conta as condicións climáticas agardadas para os vindeiros días.

Link: Xunta de Galicia - Medio Rural






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=921