Concello de Cedeira - Axenda cultural
Fecha Jueves, 29 abril a las 12:19:00
Tema PHP-Nuke


GALITOON PRESENTA: "Rosalía, a pulga que escribía"
AUDITORIO MUNICIPAL - DOMINGO 2 DE MAIO - 18:30 H
ENTRADAS: ADULT@S 2,50 € - NEN@S 1,50 €

Despois das exitosas Golulá e Babiliglub, a produtora afincada en Teo presenta un espectáculo no que incorpora á súa disciplina outra técnica de manipulación: monicreques sobre mesa. Galitoon continúa así coa súa constante experimentación. Por iso, nesta nova peza cambia de estilo no deseño de arte e cambia a técnica de manipulación sen esquecer o seu selo propio e característico baseado en contidos intelixentes, plasticidade impactante e musicalidade.

Sinopse:

Había unha vez, unha pulga moi, moi pequena: Rosalía.

Rosalía escribe unha carta cada día. Métea nun sobre, ponlle un selo e mándaa por correo. Bruno, o Canguro, un carteiro moi especial, encárgase en persoa de levarlla ao seu destinatario.... e lérllela:

Á señora Toupa porque non ve.

A Dona Xirafa porque perdeu as gafas.

Á ovella porque non sabe ler.

E a Mr Elefante porque só sabe ler en inglés.

O contido da carta é unha invitación:

O MARTES 3 ÁS 10 UNHA FESTA NA CASA DE ROSALÍA.

Todos reciben unha carta, todos, menos Bruno, o Canguro.

Por que?

Porque é unha festa sorpresa para el!

Link: Concello de Cedeira - Cultura






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=920