A Confraría desvincúlase da festa do percebe
Fecha Jueves, 29 abril a las 12:02:37
Tema PHP-Nuke


Logo de catorce anos á fronte da organización da festa do percebe, a Confraría de Pescadores de Cedeira tomou a decisión de desvincularse ao completo dela e, do mesmo xeito, acepta de bo grado que sexa a incipiente asociación de empresarios de hostalería a que asuma a substitución. Este cambio de testemuña quedou máis ou menos pactado na reunión que días atrás tivo lugar entre empresarios e responsables do depósito, desde onde onte mesmo tamén se confirmaba a existencia da reunión e a postura adoptada con respecto á convocatoria gastronómica.

Con respecto a esta última cuestión, a Confraría entende que é necesario introducir "un cambio" nun programa que "debe estar máis acorde cos novos tempos" e sublíñase de modo moi especial que sexa cal for a decisión que adopten os empresarios con respecto á cita, terán o total respaldo e colaboración por parte dos profesionais do mar vinculados ao depósito cedeirense. Como se recordará, os empresarios tamén manifestaran a necesidade de contar coa axuda daquelas persoas que, non só estiveron á fronte da convocatoria durante os últimos 14 anos, senón que tamén foron as que a promoveron e situárona entre as de referencia indiscutible na comarca

Link: DFONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=918