Greenpeace: en Galicia para denuncia a política comunitaria en relaci&oac
Fecha Miércoles, 28 abril a las 19:52:11
Tema PHP-Nuke


O barco da organización ecoloxista Greenpeace 'Arctic Sunrise' estará desde este fin de semana en Galicia para denunciar a política comunitaria en relación co medio mariño, coincidindo coa celebración da Conferencia sobre a Reforma da Política Pesqueira Común, que terá lugar na Coruña os días 2 e 3 de maio, e a reunión de ministros de Pesca da Unión Europea os días 4 e 5 en Vigo.

Greenpeace anunciou hoxe que levará a cabo distintas actividades en Galicia "para denunciar a mala xestión que se realizou ata agora do medio mariño coas anteriores Políticas Pesqueiras Comúns", asegura nun comunicado.



O 30 de abril a organización ecoloxista presentará na Coruña o informe "A pesca en España: unha lección non apresa", no que se analiza o estado das pesqueiras españolas, con especial atención á situación galega.

Ademais, o 1 de maio a organización celebrará a entrega dos seus premios "Artemio Precioso" ao xornalista ambiental Gustavo Catalán. O escritor galego Manuel Rivas será o encargado de entregar o galardón.

Tamén as persoas que o desexen poderán achegarse a coñecer o rompehielos 'Arctic Sunrise', un dos tres barcos da organización. Para iso, realizaranse xornadas de portas abertas con visitas guiadas os días 4 e 5 na Coruña e 8 e 9 en Cedeira. Ademais, o día 5 proxectarase a bordo un documental.

A segunda parada do rompehielos será o porto de Cedeira, onde o barco será recibido por unha comitiva de pescadores artesanais locais.

Para rematar, o día 11 de maio o barco recalará en Cangas do Morrazo para denunciar "o proxecto de construción dun porto deportivo en Massó que ameaza un espazo de alto valor pesqueiro e marisqueiro", sostén a organización no seu comunicado.

Link: EPONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=915