ANUNCIO DE ADXUDICACIÓN DEFINITIVA
Fecha Jueves, 05 marzo a las 13:03:12
Tema PHP-Nuke


ADXUDICACIÓN DEFINITIVA DO CONTRATO DE OBRA “REPARACIÓN DA CUBERTA DO POLIDEPORTIVO MUNICIPAL”

Por acordo da Xunta de Goberno Local de data 03.03.2009, adxudicouse definitivamente o contrato de obras consistentes en “Reparación da cuberta do polideportivo municipal”, o que se publica aos efectos do artigo 138 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público.

1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Concello de Cedeira
b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría

2. Obxecto do contrato.
a) Tipo de contrato: obras
b) Descrición do obxecto: reparación da cuberta do polideportivo municipal

3. Tramitación, procedemento.
a) Tramitación: ordinaria
b) Procedemento: negociado

4. Prezo do Contrato.
Prezo : 113.543,29 euros, e 18.166,93 euros IVE, sendo o importe total 131.710,22 euros.

5. Adxudicación definitiva.
a) Data: 03.03.2009
b) Contratista: CONSTRUCCIONES Y CONTRATAS HERCULINAS, S.A.
c) Nacionalidade: española
d) Importe de adxudicación: 96.000,00 euros e 15.360,00 euros de IVE, sendo o importe total 111.360,00 euros.

Cedeira, 5 de marzo de 2009
O Alcalde,

Asdo.: José Luis Vergara Rey

Link: Concello de Cedeira






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=91