O BNG acusa a PP e PSdeG
Fecha Viernes, 23 abril a las 18:01:00
Tema PHP-Nuke


A pouco máis dun ano das eleccións municipais, o debate sobre os votos que chegan do exterior volve coller forza. A última polémica ten que ver coa suposta marcha atrás dos dous grandes partidos estatais (PSOE e PP) que tiñan un principio de acordo para que a nova lei electoral vetase o voto dos emigrantes en comicios locais e autonómicos.

Diante disto, o BNG abriu unha nova fronte de batalla para presionar diante da opinión pública a socialistas e 'populares'. O seu voceiro nacional, Guillerme Vázquez, asegurou en Cangas que “estamos diante dunha actitude de vacilación por parte do PP e PSOE que non sei se ten máis a ver con seguir intentando usar fraudulentamente este voto que con darlle unha solución racional a esta cuestión”.

O voceiro nacionalista no Parlamento, Carlos Aymerich, coincidiu con Vázquez ao sinalar que “non haberá diñeiro para os servizos sociais, pero xa veremos que para viaxar a Arxentina e Uruguai o ano que vén si o haberá”. Aymerich fixo unha aposta na cámara a que nas vindeiras eleccións municipais o voto emigrante seguirá a chegar sen garantías.

Link: VIONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=905