Xoan Gato Presidirá a Cámara de Comercio de Ferrol
Fecha Viernes, 23 abril a las 13:27:31
Tema PHP-Nuke


"O  empresariado da comarca de Ferrol fixo patente  unha mostra inequívoca do sentir de todo o empresariado de Galicia e de España, que están fartos de contos, de boas palabras e de malas solucións. De que están indo á ruina sin que ninguén os escoite; e deste xeito materializaron o cambio: unha firme aposta pola xestión representada na figura de Xoan Gato.

A victoria da candidatura encabezada por Xoan Gato amosa que dende a unión e dende o traballo non existe meta imposible, amosa unha nova vía para a cidadanía galega. Un camiño que de seguro estará cheo de atrancos postos polos de sempre, polos que levaron Galicia a estar donde está, na cola de todo o bó e na cabeza das miserias.

A victoria de Novo Impulso foi aplastante, obtendo 20 das 23  representacións posibles, e perdendo esas 3 por 1 ou 4 votos.

Vaia dende aquí a nosa mais sincera norabóa a todos os membros (e membras como diría aqueloutra) de Novo Impulso e, especialmente ao noso compañeiro de Terra Galega Xoan Gato. "


Xermán Tobío - +Galicia:: O Xornal Oficial de Terra Galega


Link: +GaliciaOnLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=903