Gato presidirá a Cámara de Ferrol
Fecha Viernes, 23 abril a las 13:22:09
Tema PHP-Nuke


A candidatura de Xoán Gato á presidencia da Cámara de Comercio de Ferrol obtivo onte un amplo respaldo dos electores, polo que o ex alcalde de Narón será quen dirixa o organismo.

En declaracións a Radio Voz, Gato cualificou de «goleada histórica» o resultado das votacións, nas que Novo impulso conseguiu 20 dos 23 membros para os que presentaba candidatura. «Esperabamos obter 15», dixo o novo presidente da cámara, que non ocultou a súa sorpresa pola «avultada vitoria».

«Un éxito desta categoría», subliñou, «require máis responsabilidade» porque mostra «a necesidade de cambio» que esixen os empresarios.



A participación nos comicios de onte, nos que a candidatura do aínda presidente, Francisco Cruz, e a liderada polo ex alcalde de Narón, Xoán Gato, foi histórica. Se nas anteriores eleccións do 2006 emitíronse 684 papeletas con 957 votos, a última hora de onte, aínda non culminaran as votacións, e xa se contabilizaron 2.014 papeletas, o que supuxo a maior participación rexistrada ata o momento polo organismo, con polo menos unha taxa do 11,8%.

Gato celebra tal éxito de participación, pero se mostrou crítico co feito de que moita xente tivese que marcharse de Punta Arnela sen poder votar logo de horas de espera: «O de onte foi un insulto á democracia», sentenciou. «Hai que facer unha análise de por que pasou isto e non se permitiu un voto áxil». Nesta liña, Gato dixo que ata un 30% do electorado abandonou o recinto de Punta Arnela sen emitir o seu voto.


Link: VONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=902