O 012 centralizará o permiso de queimas e outros servizos do teléf
Fecha Jueves, 22 abril a las 14:04:27
Tema PHP-Nuke


Na liña de ofrecer un servizo de calidade e eficaz con criterios de maior racionalidade, a Xunta coordinará no teléfono 012 as funcións que ata o momento se viñan prestando a través do teléfono 902.112.000 do C.I.A.G. (Centro de Información ao Agro Galego).
Fundamentalmente, a través deste número xestionábanse permisos para queimas controladas, ademais de outros asuntos vinculados á sanidade animal. Trátase dunha medida que busca unha maior racionalización dos servizos a través da centralización de recursos, que EN ABSOLUTO SUPÓN UN CAMBIO PARA O USUARIO, que poderá seguir marcando o número que xa coñece, sen que varíe o servizo prestado.
Ata o de agora, o teléfono do CIAG viña sendo atendido, por encomenda específica, pola empresa pública SEAGA (Servizos Agrarios de Galicia), que finaliza a encomenda nestes días. É posible que durante o cambio telemático entre unha sede e outra poidan producirse pequenas disfuncións, que serán corrixidas de inmediato, coa fin de garantir a prestación dun servizo eficaz, rápido e cómodo.

Calidade
A decisión da Xunta respecto da unificación de servizos responde, ademais de a criterios de racionalización, á máxima da austeridade económica, por canto a medio prazo boa parte dos servizos que estaba a prestar o teléfono do CIAG poderán ser optimizados, e así ofrecidos directamente a través do 012, sen que en ningún caso se resinta a calidade do servizo. Esta última filosofía é a que marcará sempre o norte de calquera cambio que se realice no futuro, como xa o foi na modificación indicada.

Link: MedioRuralOnLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=899