Presentación do candidato de TEGA á Alcaldía - Narón
Fecha Jueves, 22 abril a las 13:29:09
Tema PHP-Nuke


O auditorio municipal da Praza de Galicia foi o lugar elixido por Terra Galega para presentar publicamente o vindeiro día 30, ás 20:30 horas, a Xosé Manuel Blanco como candidato á Alcaldía de Narón.
O equipo de TEGA inicia a conta atrás de cara aos comicios municipais que se celebrarán o vindeiro ano.
O pasado mes de marzo, a mencionada agrupación celebraba unha asemblea á que se presentou unha única candidatura de TEGA, a de Xosé Manuel Blanco. O actual rexedor accedeu á Alcaldía naronesa a finais de xaneiro de 2009, trala marcha de Xoán Gato para presentarse ás pasadas eleccións autonómicas como cabeza de lista pola provincia da Coruña. Será no 2010 cando Blanco, cunha dilatada experiencia en política local, afronte os seus primeiros comicios como candidato por unha agrupación, neste caso Terra Galega.


Link: +GaliciaOnLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=898