A entrada en vigor da nova Lei do Solo deixa sen data o PGOM
Fecha Miércoles, 21 abril a las 11:14:12
Tema PHP-Nuke


O tempo xogoulle unha mala pasada ao Concello de Cedeira. Así, os seus responsables políticos ven con certo desánimo como a entrada en vigor da modificada Lei do Solo -feito que ocorrerá hoxe coa publicación da mesma no DOG- deixa, se non inservible, si moi tocado o Plan Xeral de Ordenación Municipal. Este leva máis de sete meses "durmindo o soño dos xustos", tal e como subliñou o rexedor municipal, o socialista José Luís Vergara, á espera do ditame que daría lugar, a continuación, á aprobación inicial do documento por parte da corporación municipal. Dado que este trámite non foi posible, a normativa establece un retroceso ou marcha atrás, en canto á tramitación do documento, para todos aqueles municipios con PGOM en fase incipiente. Esta especie de castigo á casa de saída tamén implica outras consecuencias. Á marxe da económica, e da que o alcalde espera que a Xunta resarcirá ao Concello no sentido de que asumirá os gastos que poidan derivarse destes reaxustes, tamén existen outros efectos de tipo burocrático ou administrativo.

O Concello terá que achegar máis documentación, sobre todo, en relación a certos aspectos do PGOM. Ademais, terá que aplicar cambios substanciais con respecto á planimetría que inicialmente previra desenvolver, se non en todos, si na inmensa maioría dos núcleos rurais. As novas disposicións deixan sen efecto a recorrida fórmula dos núcleos de expansión suxeitos ao desenvolvemento dos moitos lugares rurais que existen afastados dos espazos urbanos de poboacións, como pode ser o caso da vila de Cedeira.

Por todas estas cuestións, o que o equipo de Vergara previra ter practicamente resolto dentro do presente mandato, non se prevé agora para próximas datas. Estas expectativas fan que o Concello mire con certo pesimismo uns anos nos que descenderá aínda máis se cabe o número de licenzas de obras -un apartado que xa se viu moi tocado pola crise do sector e que tamén está detrás dalgúns proxectos que se atopan a medio facer-. A día de hoxe, e á espera de que o Concello poida ver aprobado o Plan Xeral de Ordenación Municipal, o urbanismo no termo municipal de Cedeira réxese por unha planimetría que está en vigor desde o ano 1995. Vergara entende que esta xa non é válida para un municipio que trata de crecer e desenvolverse.

Link: DFONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=895