Táboas pedirá na Cámara a retirada do Plan do Litoral
Fecha Martes, 20 abril a las 13:36:32
Tema PHP-Nuke


O grupo parlamentar do BNG, a través da súa deputada Teresa Táboas, levará á Cámara a retirada do Plan de Ordenación do Litoral para iniciar unha redacción nova do mesmo que se axuste á “realidade galega, estea ben ideado e ben realizado tecnicamente”.

Táboas rexistrou unha proposición non de lei neste sentido, reclamando tamén que o novo texto sexa ponderado e equitativo, toda vez que tal e como se está tramitando nestes momentos dende a Consellaría de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras é un documento ineficaz e falto de rigor que aplica criterios arbitrarios polos que se beneficia a uns en detrimento de outros.

Neste sentido, a deputada nacionalista advirte de que é un documento “proteccionista” coas desfeitas realizadas durante os últimos anos e, sen embargo, é claramente permisivo con actuacións que colisionan co litoral, como poden ser certas industrias ou as instalacións acuícolas.

Para a parlamentar, a chamada “Mellora Ambiental Paisaxística” que supostamente recolle, é outra eiva máis do texto en tramitación, xa que parte do descoñecemento absoluto de como foi ocupado o litoral galego secularmente, a carón do mar en moitas áreas. “Resolver como un todo unha franxa costera complexa, que require dun estudo feito polo miúdo, carece porén de todo rigor conceptual”, engade Táboas.

A deputada nacionalista considera que outra boa proba da falta de criterio e planificación “á que nos ten acostumado este goberno” é a ampliación do prazo de información do texto perante as corporacións locais, que remataba o pasado 10 de Marzo e que tivo que prolongarse até o 3 de Maio porque dada a trascendencia do Plan era un tempo claramente insuficiente.

Link: BNG Galiza






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=893