ELECCIÓNS Á CÁMARA DE COMERCIO
Fecha Martes, 20 abril a las 10:37:41
Tema PHP-Nuke


Un artigo de opinión, publicado no Diario de Ferrol, por Xavier Carro, diputado no Congreso polo PSdeG-PSOE.

" É a primeira vez que unhas eleccións á Cámara de Comercio espertan tal expectación, sen dúbida pola incursión de Xoán Gato como candidato. Eu non son empresario e non teño dereito a voto neste lance pero se o tivera votaría precisamente calquera cousa menos ó que representa este persoeiro. Nunca entendín ese certo recoñecemento que determinada esquerda comarcal sempre tivo coa traxectoria e os resultados de xestión dos últimos 20 anos en Narón. Para min non hai dúbida, os resultados non son positivos. Un dos éxitos atribuídos a Xoán Gato e o crecemento de Narón, pois ben, eu penso que este feito debese máis a deméritos dos sucesivos Alcaldes de Ferrol que a méritos propios e ademais resulta evidente a falla de previsión e o cutre acomodo urbanístico que Narón deu a ese crecemento. Núcleos rurais ou semiurbanos onde se chantaron enriba polígonos intensivos de vivendas mantendo os servizos e accesos existentes, ou bloques de vivendas rodeando unha siderurxia, ou chalés residenciais a 200m dunha cementeira, ou outra cementeira a 100m dun colexio, son todos eles exemplos dun urbanismo que pensa máis na recadación que nos cidadáns e ás veces esa recadación está incluso baixo sospeita. Ó meu entender o prezo do progreso e o crecemento non pode ser tan elevado.

A Cámara de Comercio de Ferrol está ben xestionada, terá seguramente as súas eivas que deberan resolver con diálogo, pero é precisamente disto do que saben e no que teñen experiencia. Baixo o mandato de Paco Cruz a institución cameral liderou discretamente o proceso de unificación da patronal en Ferrolterra, do que só quedaron fora por vontade propia precisamente os que agora rodean a Gato aínda que antes o aborreceran. Tamén se constituíu a Asociación Impulsora do Plan Ferrol, institución que está a ser copiada en Lugo en Ourense e na Costa da Morte polos bos resultados que acadou en materia que creación de tecido empresarial, riqueza e emprego, e ademais a Cámara de Ferrol lidera as Cámaras de Galicia, cónstame que por ser a máis dinámica e eficiente.

O que faría Xoán Gato coa Cámara á vista está, non hai máis que ver a súa campaña política e personalista, eses son os bimbes para facer o cesto, para converter a institución nun partido ó servizo dunha persoa quizais có obxectivo de abrirlle o camiño de volta á política.

Eu confío na clase empresarial de Ferrolterra, neses empresarios dos que se dicía ó inicio do Plan Ferrol que non existían, que non tiñan ideas nin alento para novos proxectos industriais, e que demostran ano tras ano que si hai ferramentas públicas axeitadas, as ideas, os proxectos e o compromiso empresarial non faltan. Por iso sei que saben que coas cousas de comer non se xoga e que os experimentos na casa e con gaseosa, pero coa Cámara de Comercio setidiño."

© 2010 - Xavier Carro - Diario de Ferrol

Link: DFONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=892