A poxa benéfica de obras de arte recadou 9.000 euros para Haití
Fecha Sábado, 17 abril a las 13:41:00
Tema PHP-Nuke


A poxa benéfica de obras de arte celebrada o pasado venres na Fundación Caixa Galica cuxos fins van ser destinados á reconstrución do pobo haitiano, logrou recadar 9.000 euros. Unha cifra que congratula á organización do evento. "Sempre se espera que a obra que é boa alcance un prezo maior, pero dado o momento económico que vivimos estamos contentos co resultado da iniciativa", apuntou Pedro Taboada, un dos responsables do evento.

A organización recadará os fondos ao longo da semana a través dunha conta en Caixa Galicia. O lote de obras polas que non puxaron as máis de ciencuenta persoas que asistiron ao acto promovido polo escultor Manuel Patinha e o responsable da web pintoresgallegos.com, teñen unha oferta dun particular por mil euros. "Esperamos que se confirme e que os artistas que participaron -máis de sesenta- queden contentos tamén do resultado", sinalou Taboada.

Os fondos serán canalizados a través das organizacións non gobernamentais de Cáritas, Cruz Vermella, Acción contra o Fame e Médicos sen Fronteiras, todas con presenza no país caribeño devastado por un terremoto o pasado mes de xaneiro.

Link: DFONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=888