O Toxo: non hai cartos
Fecha Sábado, 17 abril a las 09:03:22
Tema PHP-Nuke


Parece que a área recreativa do Toxo, na serra cedeirense da Capelada, non poderá recibir aínda aos seus primeiros visitantes este verán, tal e como era o desexo do goberno municipal e tamén da Deputación da Coruña.
De feito, meses atrás nunha visita do vicepresidente da administración provincial, Pablo Villamar, a Cedeira, este mostrouse confiado de que este espazo puidese estar listo de face a recibir aos primeiros peregrinos durante este ano Xacobeo, algo que parece que non vai se é posible, tal e como explicou o alcalde de Cedeira, José Luís Vergara Rey, debido a que os fondos consignados inicialmente non alcanzarán para o groso da obra, motivo polo cal a administración local deberá buscar novas vías de financiamento. "O que non vou facer é empezar igual as obras sen ter a totalidade dos cartos, como fan outros", explicou o rexedor municipal.

O problema, segundo palabras de Vergara Rey, é que o diñeiro consignado inicialmente non alcanzará, xa que a zona resultou ser moito máis agreste e rochosa do que inicialmente estaba previsto. Vergara apuntou que a instalación eléctrica encarecerá todo o proceso, "Fenosa esixe moito nestes casos aínda que despois eles non respondan cando teñen que facelo", explicou o alcalde.

Como se recordará, a Deputación da Coruña, a través do Plan de Dinamización do Produto Turístico, achegou 206.000 euros para financiar a primeira fase da posta en marcha desta zona de lecer e recreo, que se situaría na zona de Reboredo, a escasos metros do novo curro da Capelada, que se atopa na zona de Chao do Pozón. Precisamente este feito tívose moi en conta por parte do goberno municipal, xa que este lugar facilitará que moitos dos asistentes á tradicional Rapa dás Bestas pasen a noite nas inmediacións do recinto.

Link: DFONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=887