Aprobación listas de mobilidade de PL do Concello da Coruña
Fecha Viernes, 16 abril a las 18:01:12
Tema Colaboradores


O Concello da Coruña fixo públicas as listas de mobilidade de P.L. para a convocatoria de 5 prazas correspondentes a ano en curso. Nelas, un dos axentes da Policía Local de Cedeira logrou obter praza no 5º posto polo que ten garantida a súa mobilidade á urbe coruñesa.
Este é o segundo axente que se traslada polo mesmo sistema de mobilidade no prazo de pouco menos dun ano, desde que o ano pasado outro axente deixase a Policía Local de Cedeira para pasarse á de Narón.


En cernes posiblemente tamén exista outra vacante máis no Corpo da Policía Local de Cedeira, xa que outro axente solicitou praza no municipio de Ferrol, e conta con moitas posibilidades de lograla.

Estas baixas de efectivos en Cedeira constitúen un problema para a Policía Local xa que ao curto persoal de axentes, 5 axentes máis 1 inspector, moi reducida posto que polo tamaño de poboación do municipio debese contanse cun persoal de cando menos 12 efectivos segundo todos os estudos, únese o problema das diferenzas salariais.

Calquera destes axentes que cambian de destino pasan a gañar entre 300 e 500 euros máis nas súas nóminas, ademais de traballar nuns persoais máis grandes e con máis apoios. O Sindicato SPPME valora ademais dos maiores ingresos o feito de patrullar en parellas, unha revindicación que en Cedeira se expón desde fai tempo e está recollida no convenio pero que ultimamente é imposible cumprir, provocando estas desbandadas cara a municipios maiores e con mellores condicións de traballo, deixando moi tocada o persoal actual.

Link: Colaboración






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=885