Rede de distribución de gas
Fecha Jueves, 15 abril a las 22:12:45
Tema PHP-Nuke


O xefe do Executivo galego, Alberto Núñez Feijóo, anunciou hoxe que o seu Goberno prevé un investimento de 80 millóns de euros para "desbloquear" a rede de distribución de gas e levar esta enerxía "alternativa" a 30 localidades galegas.

Tras presidir a reunión semanal do seu Goberno, ratificou a aprobación do decreto polo que se regula o trámite de competencia e os criterios de valoración no suposto de concorrencia de dúas ou máis solicitudes de autorización administrativa de instalacións de transporte secundario e distribución de gas natural e redes de distribución de GLP.

Segundo explicou, este decreto, o "primeiro" das súas características que se desenvolve en España, situará a Galicia "á vangarda" xa que "desbloquea de forma definitiva" o desenvolvemento da rede de distribución de gas, dotándoa de "maior amplitude, modernidade e eficiencia".

Na liña, Feijóo congratulouse por "superar a parálise" do bipartito e retomar o desenvolvemento desta rede de distribución de gas, que permitirá "mellorar a competitividade" empresarial e a "calidade de vida" dos cidadáns dunha trintena de localidades galegas, entre as que incluíu A Estrada, A Guarda, Lalín e O Grove --en Pontevedra--, Ares, Cedeira, Melide e Mugardos --na Coruña--, O Barco, Verín e Xinzo de Limia --en Ourense--, e Burela, Foz, Monforte, Sarria e Viveiro --en Lugo--.

O decreto elaborado pola Consellería de Economía regula o trámite de competencia e os criterios de valoración que se van a ter en conta no suposto de concorrencia de solicitudes de autorización administrativa de instalacións de transporte secundario e distribución de gas natural e redes de distribución de GLP.

CRITERIOS DE VALORACIÓN

Entre os criterios de valoración para gasodutos de transporte secundario e ramais de distribución de gas natural, que son os que conectan coas redes de distribución nos núcleos de poboación, destacan os de ser titular de autorizacións administrativas, precisamente, das redes de distribución ás que se vaian conectar, a "idoneidade" do trazado, as características técnicas do proxecto, o prazo de execución e o orzamento.

Para as redes de distribución de gas natural, que son as que están nos núcleos de poboación, valorarase ser titular de autorizacións administrativas de redes de distribución en localidades "próximas", o prazo de inicio da suministración, a extensión da rede, o orzamento e a solución técnica adoptada, entre outros.

En canto os criterios para as redes de distribución de GLP, que deberán deseñarse e construírse de forma que resulten "compatibles" para a distribución do gas natural, valorarase que sexan titular de autorizacións administrativas de redes de distribución de GLP en núcleos de poboación próximos, o prazo de inicio de suministración, a extensión da rede, o orzamento e a solución técnica adoptada.

Link: EPONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=884