Oferta de emprego - Cedeira
Fecha Jueves, 15 abril a las 15:41:37
Tema PHP-Nuke


Oferta de emprego
Descrición da oferta

Posto vacante: 45 postos de emprego en Soltecmar
Referencia: 0351-OFS
Nº de vacantes: 45
Descrición da oferta:

A empresa Soluciones Tecnolóxicas Mariñas (Soltecmar) vai instalarse no porto de Cedeira este mesmo ano para desenvolver unha nova modalidade comercial e, de paso, revalorizar un dos principais recursos naturais mariños de Galicia, as algas.

A empresa espera que todo este proceso este acabado en 7 meses, polo que a nave estaría en funcionamento a finais de ano ou principios do próximo. Soltecmar xerará vinte postos de traballo directos, entre os que se atoparán directivos, administración, comercialización, técnicos e operarios industriais. Ademais, crearanse outros 25 postos de traballo indirectos para os labores de transporte, extracción de algas e loxística.

Se queres intentar conseguir un posto de traballo nesta futura planta industrial, podes dirixir o teu CV a
 
Solucións Tecnolóxicas Mariñas SL
C/Luís Seoane, 18
Pobra Do Caramiñal
15940 A Coruña

*A EMPRESA SOAMENTE TERA EN CONTA CV RECIBIDOS NA súa SEDE
.

Link: http://www.guiadeempleo.es/empleo/351/45-puestos-de-empleo-en-soltecmar






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=882