Fases da informatización dos xulgados de paz
Fecha Miércoles, 04 marzo a las 15:58:10
Tema PHP-Nuke


O proceso de informatización do resto dos Rexistros Civís realizaráse en dúas fases. A primeira afectará aos ubicados nos xulgados de paz atendidos por funcionarios da Administración de xustiza -os de máis de quince mil habitantes- e está planificada entre os meses de abril e xullo de 2009, ata completar 74 oficinas delegadas. A segunda fase, prevista entre setembro de 2009 e outubro de 2010, comprenderá os 196 xulgados de paz restantes, que se corresponden cos concellos de poboación inferior aos 7.000 habitantes e están atendidos por secretarios “idóneos” designados pola corporación local. A continuación desenvolverase a fase de dixitalización de inscricións ata 1950, que será competencia da entidade estatal RED.ES.

Modernización da xustiza de paz
A informatización dos Rexistros civís delegados, xunto coa dixitalización e a gravación dos libros rexistrais, posibilitarán un funcionamento máis eficaz do servizo e supoñen a incorporación da xustiza de paz á Sociedade da Información. Con esta actuación os xulgados de paz, que quedarán conectados en rede co resto da Administración de xustiza galega e española, poderán iniciar a prestación de servizos telemáticos aos cidadáns. Ademais, a integración dos xulgados de paz en rede permitiralles acceder aos servizos web postos a súa disposición a través da intranet da Dirección Xeral de Xustiza e os portais do Ministerio de Xustiza e o Consello Xeral do Poder Xudicial. Asemade, a informatización do rexistro civil posibilitará a prestación de novos servizos ao cidadán como a petición de certificados a través de correo electrónico e Internet, posibilidade que actualmente se atopa dispoñible a través do portal www.mjusticia.es. Doutra banda, os distintos organismos das Administracións Públicas, como a Seguridade Social e o Instituto Nacional de Estatística, recibirán directamente vía telemática a información que na actualidade lle remiten todos e cada un dos xulgados de paz

LEXNET, sistema de notificacións telemáticas

Doutra banda, nove xulgados da provincia da Coruña xa teñen implantado o sistema de notificacións telemáticas LEXNET, realizada a través dun convenio de cooperación tecnolóxica asinado entre o Ministerio de Xustiza e a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza. A función principal deste sistema e o intercambio instantáneo de do*****entos xudiciais en formato electrónico que garante a seguridade e a fiabilidade de comunicación entre todos os membros que participan na Administración de xustiza. A día de hoxe LEXNET está implantado no Xulgado do Mercantil da Coruña, nos catro xulgados do contencioso-administrativo da mesma cidade e nos dous xulgados de primeira instancia e instrución de Ordes e Padrón. No Colexio de Procuradores da Coruña se atopa en produción real no sistema e no de Santiago de Compostela solicitouse a súa alta. Así mesmo, a primeira fase de implantación de notificacións telemáticas comprenderá progresivamente a un total de 40 xulgados da provincia coruñesa, o que supón ao rredor do 42% dos xulgados provinciais. Lexnet é un sistema de transporte nacional, desenvolvido e administrado polo Ministerio de Xustiza, que actualmente está implantado ou en proceso de implantación na Audiencia Nacional, en xulgados e tribunais do territorio xestionado polo Ministerio de Xustiza (León, Burgos, Salamanca, Zamora, Cidade Real, Cáceres, Murcia e Cartaxena), na Comunidade Valenciana (en Elche) e en Cataluña, nos xulgados mercantís e de violencia sobre a muller e nos xulgados civís da totalidade dos partidos xudiciais. Na nosa Comunidade estase levando a cabo cun plan de implantación que comprende todas as sedes xudiciais galegas e todas as ordes xurisdicionais e instancias. Para a Consellería de Presidencia a posta en funcionamento da presentación telemática de escritos é un aspecto clave en prol da modernización da xustiza, pois facilitará a incorporación masiva de demandas e do*****entos aos sistemas informáticos dos xulgados e tribunais, presuposto necesario para implementar de xeito efectivo o intercambio telemático -en tempo real- de comunicacións e do*****entos neste eido. A medida tamén contribuirá a facilitar o desempeño das profesións xurídicas e suporá un aforro para as partes litigantes, que evitarán os custos da expedición de copias. Recentemente o Ministerio de Xustiza anunciou que está a traballar en prol da integración de LEXNET co sistema informático Fortuny, de xestión nas fiscalías. Esta integración, que será unha realidade nos próximos meses, reducirá de maneira notable a carga de traballo dos funcionarios da fiscalía, que se beneficiarán do rexistro de asuntos efectuados polos xulgados e tribunais.

Link: XONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=88