Concello de Cedeira . Anuncio
Fecha Jueves, 15 abril a las 09:51:18
Tema PHP-Nuke


Anuncio de aprobación inicial do estudo de detalle en Camiño Real da Magdalena, 19.

Con data do 9 de febreiro de 2010, a Xunta de Goberno Local acordou a aprobación inicial do estudo de detalle en Camiño Real da Magdalena, 19, presentado por Pablo Diego Moredo Gil, en representación de Albergues Rías Altas, S.L., para parcela de referencia catastral número 6546106NJ7364N0001FY redactado por Ignacio Pedrosa Pérez, arquitecto colexiado número 2544, visado polo Colexio Oficial de Arquitectura de Galicia con data do 1 de outubro de 2009, para sinalamento de aliñacións e rasantes e ordenar volumes de acordo coas especificacións do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Cedeira, así como para proporcionar un tratamento urbanístico homoxéneo ao conxunto da fachada marítima de acordo co Real decreto 1471/1989.


O dito acordo supón a suspensión de outorgamento de licenzas no ámbito regulado polo estudo de detalle por un prazo máximo de dous anos ou ata que se acorde a aprobación definitiva se fose anterior.


Sométese a información pública por prazo de 20 días hábiles a partir do día seguinte ao da última publicación deste anuncio no BOP, no Diario Oficial de Galicia e nun dos diarios de maior circulación da provincia.


Durante o dito prazo as persoas interesadas poderán examinar o seu contido presentándose na casa do concello de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas, e presentar as alegacións que consideren oportunas.


Cedeira, 19 de febreiro de 2010.

José Luis Vergara Rey
Alcalde

Link: BOPONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=879