Terragua: adxudicación provisional por 286.300 euros
Fecha Miércoles, 14 abril a las 09:54:38
Tema PHP-Nuke


O Concello de Cedeira celebrou onte unha mesa de contratación na que se adxudicou de forma provisional o proxecto de remodelación e adaptación do polideportivo da vila. Será a empresa Terrauga quen saque adiante unha batería de actuacións por un importe total de 286.308,10 euros.

O prazo de execución é de cinco meses e está previsto que as obras comecen nun prazo dun mes, segundo os cálculos do edil de Deportes, Xermán Tobío. O proxecto inclúe a eliminación de todas as barreiras arquitectónicas do complexo deportivo, a súa climatización e deshumidificación, a instalación dun sistema de enerxía solar térmica para quentar a auga tanto sanitaria como da piscina, renovar todos os vestiarios, instalar novo mobiliario, dotalo de despachos de billetes e cambiar as fiestras e portas de acceso ao polideportivo.



Ademais, a empresa adxudicataria colocará un elevador hidráulico para permitir o baño a persoas con discapacidade e porá en marcha un sistema de xestión dos pagos a través dun cartón.

Link: VONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=875