O alcalde responde .. en RadioVoz ferrol
Fecha Martes, 13 abril a las 09:23:58
Tema PHP-Nuke


Nesta xornada de martes, o estudo de Radio Voz en Ferrol vai recibir a visita do alcalde de Cedeira, José Luis Vergara . E é que como moitos de vostedes saben, cada martes ao redor das 11.30 horas, abrimos un espazo para que todos os que nos escoitan sexan quen pregunten directamente aos que gobernan nos seus municipios.

Sexan ou non de Cedeira, se teñen algo que preguntarlle ao rexedor socialista poden facernos chegar as súas cuestións a través do correo electrónico vocesdeferrol@radiovoz.com. Tamén poden chamarnos en directo ao 981 330 000.


A piques de cmprir un ano, La Voz da Rúa converteuse no altofalante de todos aqueles que teñen algo que dicir e de todos aqueles que queren comunicarse, sen máis intermediario que o teléfono, cos seus gobernantes. A cita desta mañá poranos en contacto cos veciños de municipio de Cedeira. A visita do rexedor socialista permitiralles liquidar aquelas dúbidas relacionadas coa xestión ou coa vida diaria desta localidade ortegana.

Link: VONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=873