Concello de Cedeira - Expediente 21/09 EU
Fecha Martes, 13 abril a las 09:19:08
Tema PHP-Nuke


Expediente 21/09 EU incoado ao abeiro da Lei 3/2007, de 9 de abril, de prevención de incendios forestais por descoñecemento de enderezo

ANUNCIO

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e do art. 61 da Lei 30/92 de 26 de novembro do rexime xurídico das administracións publicas e do procedemento administrativo común, faise pública a notificación do trámite de audiencia concedido no expediente 21/09 EU incoado ao abeiro da Lei 3/2007, de 9 de abril, de prevención de incendios forestais, por descoñecemento de enderezo aos titulares catastrais que de seguido se relacionan.

O expediente atópase no servicio de Urbanismo e Arquitectura do Concello de Cedeira (Rúa Real 15, 15350 Cedeira), concedendoselles ós interesados un prazo de 15 días contados desde o seguinte ó da publicación do presente anuncio, para que realicen as alegacións e presenten os docmentos e xustificacións que estimen pertinentes de acordo co artigo 84 da lei 30/92 de Rexime Xurídico Das Administracións Públicas e Procedemento Administrativo Común.

Advirtéselles ós interesados que de unha vez rematado o prazo concedido de acordo co artigo 21.1.b) da Lei 3/2007, por parte dos propietarios non se procedeu á retirada dos eucaliptos nunha franxa de 50 metros ó redor da edificación existente no Lugar de Diamantel nº 12 (con ref. catastral 000307000NJ73D0001BS), ditárase a pertinente orde de execución.



Nº DE EXPT.
    

TITULAR
    

LOCALIZACIÓN DA FINCA
    

REF. CATASTRAL

21/09 EU
    

Herdeiros de Rogelio París Bellón
    

Lugar de Diamantel - Piñeiro
    

Polígono: 503

Parcela: 3260

21/09 EU
    

Herdeiros de José Pérez Yáñez
    

Lugar de Diamantel – Piñeiro
    

Polígono: 503

Parcela: 3261

CEDEIRA, 31 de marzo de 2010;

O ALCALDE;


Link: BOPONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=872