Obras de artistas de toda Galicia para axudar a Haití
Fecha Viernes, 09 abril a las 12:36:19
Tema PHP-Nuke


A Fundación Caixa Galicia será escenario esta tarde, ás 20 horas, dunha poxa de arte na que o recadado coa venda de todas as pezas será destinado integramente a axudar aos damnificados polo terremoto de Haití.


© 2010 La Voz de Galicia

Unha iniciativa do escultor portugués fincado en Narón Manuel Patinha, desenvolvida en colaboración con Pedro Taboada, permitiu reunir nada menos que 66 pezas dos creadores Anxo Alvarez, Beatriz Ansede Bonome, Jesús Balado Paz, Sabela Baña Roibás, Carlos Barcón Collazo, Suso Basterrechea, Manuel Bonabal Barreiro, Pedro Bueno Salto, Rosa Elvira Caamaño Fernández, Maribel Cabana Insua, Oscar Cabana Picado, Mª Carmen Calviño Iglesias, Santiago Caneda Blanco, Yolanda Carbajales Ferreiro, Josefina Carro, Manuela Castro, Avelino Castro Fernández, Daniel Caxigueiro, Carmen Chacón, Alfredo Constenla Doce, Oscar Corcino Carballo, Alfonso Costa Beiro, Felipe Criado, Jane Danko, Concha Deza, Corín Diego, Inma Doval, Pilar Feans, Rubén Fenice, Antonio Fernández López, Rosa Fernández Salanova, Manuel Gandullo, Francisco García Rey, Sara Garrote (Chuca), José González Collado, Xoan Manuel Guerreiro Vázquez, Eduardo Hermida, Angeles Jorreto, José Juncosa Rivera, Leandro Lamas Ermida, Jorge Llorca, Juan Lomarti, Siro López Lorenzo, Antonio López Rodríguez (Neiro), Xurxo Martiño, Xacobe Meléndrez Fassbender, Mercedes Molares Cabana, Manuel Nieto, Jesús Nuñez, Pilar Oujo Vidal, Lola Oviedo, Manuel Patinha, Paco Pestana, José Ramonde, Luis Rapela, Sagrario Rilo Mato, Sabela Roma, Rafael Romero, Rafael Romero Masiá, José Rubio Gascón, Mª José Santiso, Carmen Sevillano Estremera, Mary Carmen Torres, Spela Trobec, Rafael Úbeda Piñeiro, Javier Varela Guillot, que sairán a poxa tendo, todas elas, o mesmo prezo de saída: 100 euros. «Ante a terrible magnitude da desgraza ocorrida en Haití -explicaba Manuel Patinha onte-, pensei inmediatamente que para axudar tiñamos que facer algo; e o que se me ocorreu -engadía- foi chamar aos meus amigos para pedirlles que doasen unha obra que se puidese poxar a beneficio das persoas damnificadas polo terremoto».


«A resposta dos artistas -di Patinha- non podía ser máis xenerosa. E así, grazas á colaboración da Fundación Caixa Galicia, as persoas que aman a arte van ter a oportunidade en Ferrol de adquirir pezas magníficas nunhas circunstancias extraordinarias, e ademais axudando ás vítimas dunha catástrofe». As persoas que adquiran algunha das pezas que saen a poxa terán ocasión de elixir entre catro organizacións distintas como destino da cantidade que paguen pola súa compra: Cáritas, Cruz Vermella, Acción contra a Fame e Médicos sen Fronteiras.

Patinha móstrase convencido de que a solidariedade mostrada polos artistas terá o seu fiel reflexo esta tarde nos coleccionistas de arte. «Ferrolterra está chea de xente moi solidaria», apunta o escultor, á vez que recorda a necesidade de que Europa non peche os ollos ante as catástrofes do mundo.

Link: VONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=869