Informe CIAIM - Afundimento do H. Landrove
Fecha Viernes, 09 abril a las 11:09:21
Tema PHP-Nuke


Armadores, sindicatos e mariñeiros coincidiron onte en esixir explicacións á Dirección Xeral da Mariña Mercante -que depende do Ministerio de Fomento- polo afundimento do pesqueiro cariñés Irmáns Landrove que se foi a pique o 8 de setembro pasado polo incmprimento da normativa sobre estabilidade, segundo o informe da Comisión de Investigación de Accidentes e Incidentes Marítimos, que antonte adiantou A OPINIÓN.


© 2010 - M. Fomento
Informe : preme aquí (PDF)


"Neste caso armador e patrón era a mesma persoa, pero a responsabilidade tena como patrón, sería do armador se sacase o barco sen os permisos requiridos", explica Jesús Etchevers, presidente da Asociación provincial de armadores de buques de pesca da Coruña. Segundo a Comisión de Investigación de Accidentes e Incidentes Marítimos, o naufraxio debeuse a graves incmprimentos nos criterios de estabilidade: levaba o dobre de aparellos do permitido e tiña seladas as portas de desaugadoiro da popa, entre outras irregularidades. O pesqueiro, que entrara en servizo en novembro de 2008 e afundiuse dez meses despois, tiña todos os papeis en regra, segundo a Dirección Xeral da Mariña Mercante, que onte declinou comentar o informe da comisión. "Habería que saber as causas polas que non se cmpriron esas normas, porque o barco pasou as inspeccións e se ten todos os papeis en regra, ao armador non se lle pode esixir responsabilidade algunha", engadiu Etchevers.

Os sindicatos cargan as tintas contra a Administración, e aseguran que o problema xorde no momento en que o barco supera as inspeccións. "Estou de acordo en que o armador ten unha parte de responsabilidade, pero que pasa coa Administración? Ese barco saíu de peirao, onde está o control" Esa é unha competencia exclusiva das inspeccións", explica Xabier Aboi, responsable de CIG- Mar. Aboi acusa á Administración de ser "cómplice" destes sinistros e lamenta que non se asuman responsabilidades "en todos estes casos". "Se os inspectores fosen cesados por cousas como estas, seguro que se evitaban moitos accidentes, pero nunca pasa nada", declara o sindicalista.

Os pescadores sinalan que en última instancia a decisión é do dono do barco, pero recoñecen que hai máis culpables en todo o proceso. "Tamén hai que ver por que estes barcos novos vanse ao fondo, iso implica tamén a enxeñeiros, estaleiros" Aínda que neste caso si houbo imprudencia á hora de cargar o barco, a responsabilidade é do armador" afirma Benito González, presidente da Federación Galega de Confrarías de Pescadores, quen sinala que a lexislación europea debería ser máis estrita coas esixencias de estabilidade dos barcos. "É un pouco culpa de todos, moitas veces confiámonos e pasan estas cousas", admite.

Link: ODCONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=868