A política de contratacións de Rubido foi aplaudible, segundo o PP
Fecha Viernes, 09 abril a las 10:49:47
Tema PHP-Nuke


O Partido Popular de Cedeira critica ao goberno municipal cedeirense, en concreto ao alcalde socialista José Luís Vergara, tras solicitar este en o último pleno municipal explicacións sobre o proceso que obriga ao Concello, en virtude dunha sentenza contra a que non cabe recurso do TSXG, a pagar 250.000 euros a unha empresa construtora. Así, argumentan a través dun comunicado que unha sentenza ditada polo Tribunal Supremo en 2007, "na que se rexeitaron o 80% das pretensións dunha construtora, en controversia xa histórica co Concello", vén recordar "a acertada e aplaudible política levada a cabo por Leopoldo Rubido ao non acceder ás demandas dos contratistas cando estes reclaman pagos de obras por encima do prezo pactado co Concello".

Ademais, os "populares" aseguran que o alcalde, José Luís Vergara, "pretende agora, con tanta ignorancia e torpeza como malicia, utilizar a súa falta de previsión como cortina para ocultar os grandes desamaños e "desfeitas! -que non citan- orzamentarias da súa exclusiva responsabilidade". Así mesmo recordan que durante o goberno bipartito da Xunta pagáronse sumas "moi por encima do prezo de adxudicación do centro social, accedendo en todo momento ás pretensións da empresa contratista no canto de "plantar cara" nos xulgados", din. Ademais, engaden que é "repudiable acceder sen máis" a pagar por encima dos prezos de licitación ou realizar adquisicións de servizos "en niveis escandalosamente superiores aos prezos de mercado". Sobre isto aseguran que o alcalde chegou a ordenar pagos de 300.000 euros en 2008 por unha partida orzada na metade, "desoindo ata un informe da intervención", din.

Link: DFONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=867