BNG leva aos concellos unha moción contra a supresión do SGI
Fecha Jueves, 08 abril a las 13:24:41
Tema PHP-Nuke


O BNG presentará en todos os concellos do País unha moción, para o seu debate e aprobación en Pleno, na que se insta ao Goberno galego a retirar o anteproxecto de Lei de extinción do Servizo Galego de Igualdade. No docmento ínstase tamén ao Goberno galego a traballar en colaboración cos concellos para fortalecer os instrumentos administrativos de procura da igualdade entre mulleres e homes e de prevención e tratamento integral da violencia de xénero.

Na moción explícase que o Servizo Galego de Igualdade, na súa consideración de organismo autónomo creado por lei e, polo tanto, independente dos decretos de estrutura dos distintos gobernos, proporciona estabilidade e garantías ás relacións entre o Goberno galego e os concellos, nunha materia compartida e tan sensíbel como as políticas de igualdade entre mulleres e homes e de prevención e tratamento da violencia de xénero. Polo tanto, o BNG considera que o SGI é unha ferramenta necesaria para o avance da igualdade.

Na pasada lexislatura, o Servizo Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller (SGPIHM), coñecido xa como Servizo Galego de Igualdade (SGI), pasa a depender da Vicepresidencia da Xunta de Galiza, a través da Secretaría Xeral de Igualdade. Neste sentido, produciuse un avance lexislativo a prol da igualdade, coa aprobación en 2007 da Lei do traballo en igualdade das mulleres galegas, que estabelece a paridade na composición dos gobernos galegos e da Lei de prevención e tratamento integral da violencia de xénero, que dota de recursos complementarios e amplía os dereitos da normativa estatal para atender ao fenómeno da violencia de xénero. Ademais promoveuse normativa específica sobre información estatística, corresponsabilidade, coeducación, saúde das mulleres, cotitularidade agraria...

Paralización da normativa a prol da igualdade
Na moción recóllese que, coa chegada do PP ao Goberno da Xunta, se paralizou esta actividade normativa.

O Goberno de Núñez Feijóo está, ademais, a in*****prir a normativa vixente, como a composición paritaria do Goberno, feito polo que está nos tribunais. In*****pre tamén a difusión de información sobre violencia de xénero ou a introdución da variábel sexo da información sanitaria, obrigas que estabelece a lei do plan galego de estatística.

Link: BNG Galiza






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=865