Comisión de Investigación de Accidentes e Incidentes Maríti
Fecha Jueves, 08 abril a las 10:28:01
Tema PHP-Nuke


O envorco do pesqueiro cariñés Irmáns Landrove o pasado 8 de setembro a 20 millas ao noroeste de Cedeira - no que faleceu o patrón e armador do buque e foron rescatados os outros seis tripulantes - produciuse como consecuencia da acmulación de auga na banda de babor - o lado esquerdo do barco - a pesar de que o mar estaba en calma, en condicións óptimas para a navegación. O accidente estivo favorecido por numerosas irregularidades á hora de cmprir cos criterios de estabilidade: o volantero galego tiña seladas as portas de desaugadoiro de popa, levaba o dobre de aparellos do permitido, tiña unha forte sobrecarga a popa - ía máis mergullado do normal - e consumía o combustible do tanque máis baleiro -xusto o de estribor, o lado contrario ao de envorco- cando se debería facer de forma simétrica, segundo o informe publicado onte pola Comisión de Investigación de Accidentes e Incidentes Marítimos (Ciaim).
O pesqueiro entrou en servizo en novembro de 2008 e dez meses antes do accidente superara as probas oficiais, co que obtivo todos os certificados requiridos pola Administración. No momento do naufraxio tiña todos os docmentos en regra.
A embarcación, con todo, sufriu numerosas modificacións tras superar as revisións.

Link: FVONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=864